Pensión rural con encanto

Fragas da Canteira

O Hostal
Descanso e tranquilidade

Lires

Como chegar
Natureza salvaxe

Costa da Morte

Entorno

Benvid@s a Fragas da Canteira!

Fragas da Canteira é unha pensión rural cun encanto especial en plena Costa da Morte, situada na aldea de Lires, a 10 km. do centro urbano do concello de Cee, en A Coruña. O seu ambiente tranquilo e acolledor, a calidade e decoración das súas instalacións, a excelente relación calidade - prezo e a súa proximidade cos principais puntos de interese turístico son algunhas das razóns para que veñas a Fragas da Canteira a pasares uns días de relax en Galicia na compaña da túa familia ou parella.

Fragas da Canteira eríxese sobre a pensión rural orixinal do ano 1972, abrindo as nosas portas no verán de 2019 cun estilo rural totalmente renovado no que apostamos por un servizo de calidade sen renunciar a un trato próximo e familiar, propio das casas rurais en Galicia.

En Fragas da Canteira combínase a pedra do exterior coa madeira das habitacións, xunto con detalles decorativos inspirados nas vistas á ría de Lires, praia de Nemiña e océano Atlántico.

Se estás buscando unha pensión rural en Galicia desde a que desprazarte comodamente e coñecer os principais puntos de interese turístico de A Costa da Morte, a nosa privilexiada situación en pleno Camiño de Santiago e recomendacións personalizadas á hora de planificar as túas excursións axudarante a aproveitar ao máximo a túa estancia.

En Fragas da Canteira poderás vivir momentos inesquecibles durante as túas vacacións, tanto se desexas descansar como se prefires a aventura de percorrer os salvaxes cantís da nosa costa ou facer o Camiño de Santiago, todo isto acompañado da excelente gastronomía da nosa zona.

Historia de Lires

Documental sobre os inicios do turismo rural en Lires.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información