Fragas da Canteira atópase en Lires, unha pequena aldea rural entre os cabos Fisterra e Touriñán, cun entorno privilexiado que poderás descubrir ao teu gusto:
- A ría de Lires, a máis pequena de Galicia, de grande interese ornitolóxico.
- As praias de Lires - Nemiña, coñecidas e moi aprezadas polas súas ondas salvaxes e que os amantes do surf visitan cada ano. As súas postas de sol resultan espectaculares e apracibles.
- A Praia de O Rostro, areal salvaxe de máis de 2.000 metros de lonxitude, con grandes dunas cubertas de vexetación natural protexida.
- Rutas de sendeirismo entre as que destacamos a de A Meigha Lirea, que discorre polas beiras da ría e polos cantís da costa de Lires, desde onde podes contemplar as calas de Area Grande, Area Pequena, praias de Lires - Nemiña e no seu remate, o areal de O Rostro. Podes descargar a información precisa desta ruta nesta mesma páxina.
Ademais, Lires atópase en pleno Camiño de Santiago no seu tramo Muxía - Fisterra, polo que é o lugar idóneo para pernoctar e se o desexas, selar as túas credenciais do Camiño.
Nesta mesma páxina atoparás os paneis que describen este último tramo do Camiño de Santiago, a través das igrexas que acharás ao longo do mesmo: San Martiño de Duio, Lires, Frixe e Morquintián, preciosas pequenas mostras da historia arquitectónica de A Costa da Morte.
PANEIS EXPLICATIVOS RUTA MEIGHA LIREA
CARTEIS EXPLICATIVOS CAMIÑO DE SANTIAGO: DE FISTERRA A MUXÍA